Principios programáticos



1. Dereito á unha vida digna

- Aumentar as partidas destinadas a gasto social como fórmula para axudar a paliar os efectos que a crise está a causar, poñendo especial atención nas rendas de inclusión social e de emerxencia.
- Facilitar e promover a igualdade e a integración social en todos os ámbitos.
- Promover o acceso a unha educación e unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade, e defender a concepción da vivenda como dereito e non como negocio.
- Garantir unha atención axeitada ás persoas dependentes.
- Prestar especial atención ás necesidades da infancia asegurando a súa alimentación, o seu vestido, o seu acceso ao material escolar, o gozo do seu ocio e a súa completa integración social.
- Facer de Gondomar unha vila accesible a calquera forma de discapacidade.

2. Defensa da cultura, do patrimonio e da lingua

- O noso Concello debe ser o motor dun proceso de normalización lingüística que faga fincapé nos ámbitos nos que a nosa lingua menos se emprega e aproveitar todo o potencial normativo para desenvolver accións positivas a prol do galego.
- Protexer, divulgar e acrecentar o patrimonio cultural, natural e inmaterial e facilitar o acceso ao seu gozo. 
- Dotar ao concello dos espazos necesarios para o desenvolvemento de programas culturais integradores e de calidade, coa participación do tecido sociocultural.
- Promover actividades de lecer e deportivas que teñan como obxectivo fomentar a relación entre a xente moza. Desenvolver actividades formativas accesibles.
- Recuperar a memoria histórica.

3. Igualdade: A perspectiva de xénero debe atravesar todas as políticas do concello

- Desenvolver políticas activas de emprego para a muller e políticas reais para a conciliación laboral, familiar e persoal.

- Reforzar as medidas de prevención da violencia sexista mediante campañas de sensibilización
- Apostar por unha rede de atención e asesoramento en materia de educación e diversidade afectiva e sexual.

4. Economía xusta, social e sostible

- Realizar unha auditoría da Facenda Local. Revisar e avaliar contratos e concesións. 
- Desenvolver unha política fiscal progresiva.
- Promover o aforro enerxético, o emprego de enerxías renovables e apoiar a permacultura e o autoconsumo.
- Apoiar a creatividade e as iniciativas de economía social e cooperativas que protexan o comercio de proximidade. 
- Fomentar a mobilidade sostible. Plan integral de transporte público de calidade, accesible para todas as persoas con recursos económicos limitados.
- Pular pola creación da Área Metropolitana de Vigo e a Mancomunidade do Val Miñor. Deste xeito, integraríase a rede de transporte, e compartiríase a xestión de servizos de maior escala cando resultase máis eficiente.
- Apostar pola colaboración e complementariedade entre concellos fronte á visión competitiva e desorganizada actual.
- Realizar plans de protección medioambiental, con medidas concretas e dotación orzamentaria.
- Desenvolver unha ordenación do territorio e unha xestión do solo mediante mecanismos de participación cidadá, cun enfoque ecolóxico e social.

5. Democracia e participación cidadá

- Establecer canles de acceso á información pública de todos os asuntos que afectan á xestión do concello nos diversos formatos de comunicación. 
- Reactivar mecanismos que permitan, na maior medida posible, a toma de decisións por parte da xente, como por exemplo o Plan de Acción Local da Axenda 21.
- Redactar un Regulamento de Participación Cidadá.
- Facer partícipe á cidadanía da toma de decisións municipais, en especial en relación cos orzamentos (orzamentos participativos) e os investimentos.
- Fomentar iniciativas de autoorganización cidadá: asociacións de veciños e veciñas, centros sociais e culturais, formas de ocio e deporte de base ou cooperativas de consumo.
- Promover unha iniciativa para o estudo da redacción dunha nova Lei de Bases de Réxime Local.

6. Transparencia e compromiso ético

- Desenvolver mecanismos de control cidadá sobre os cargos públicos mediante un Código Ético vinculante.
- Os eventuais pactos post electorais serán tomados en consideración e decididos pola Asemblea de Gondomar Concello Aberto.