29.5.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal Extraordinaria o xoves 31 de maio

Convócase Asamblea extrardinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: xoves, 31 de maio
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Información financieira

18.5.18

Día das Letras Galegas

Hoxe o pais galego celebra nunha multiplicidade de actos o Día das Letras Galegas, un día para defender, celebrar e reivindicar a nosa lingua e a nosa cultura, patrimonio irrenunciable do noso pobo.


Gondomar Concello Aberto quixo sumarse nesta ocasión cunha actuación na defensa da normalidade da nosa fala. Vai xa case un ano, xuño de 2017, que o goberno municipal puxo unha de pista de deportes enfronte á xefatura da policía local, cos dous cartaces indicando o uso dunha serie de normas de seguridade da instalación única e exclusivamente en español. Onde están os dereitos dos nenas e nenos galego falantes? Onde estaba o compromiso na defensa e recuperación da nosa lingua?
 
O Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto denunciou esta anomalía e levou ao Pleno una moción para resolver esta exclusión da nosa fala. Aprobada por unanimidade o Sr. Paco Ferreira incumpriu de novo o acordo plenario. Os cartaces continuaron en español.
 
Ante esta situación, Gondomar Concello Aberto levou a cabo unha acción na defensa da nosa fala e colocou dous cartaces en galego na pista deportiva como acto reivindicativo no Día das Letras Galegas.
 
Dicía Castelao “"Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu". Pola normalización da nosa lingua e cultura.


Gondomar, 17 de maio de 2017.

14.5.18

Concentración por un Centro de Saúde digno par Gondomar

O pasado sábado,  Gondomar Concello Aberto realizou a primeira concentración a prol dun Centro de Saúde Digno para Gondomar.

Logo das Mocións presentadas no Concello, da recollida de máis de 2.000 sinaturas entregadas ao Concelleiro de Sanidade e da iniciativa parlamentar de En Marea, hoxe ás 12:00 horas un grupo de veciñas e veciños concentrámonos na praza do Centro de Saúde para exixir o novo Centro de Saúde que Gondomar demanda.
 
Levamos anos de retrasos, recortes e paralizacións. Un novo Centro de Saúde 8 anos proxectado e con constantes aprazamentos e demoras.
 
Con capacidade para atender a so 10.000 persoas, cando en Gondomar somos máis de 16.000.
Que non contempla servizos básicos como rehabilitación, fisioterapia ou aumento do servizo de pediatría.
 
Máis pequeno e con menos profesionais, seguirase a derivar parte da poboación infantil e adulta ao Centro de Saúde da Xunqueira, mentres o servizo de transporte é inexistente ou moi deficiente.

Para paliar estas eivas reivindicamos que o Novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación. 

POR UN CENTRO DE SAÚDE DIGNO PARA GONDOMAR.

Convocatora de Asemblea Veciñal Ordinaria o día 16 de maio

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 16 de maio
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores 
  2. Preparación do Pleno Municipal de Maio
  3. Asuntos varios
  4. Rogos e preguntas

10.5.18

Concentración o sábado pola mañá por un Centro de Saúde que cubra as necesidades de Gondomar

GONDOMAR CONCELLO ABERTO , esta a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O próximo Sábado día 12 de Maio, vamos facer unha concentración as 12 da maña, diante do Centro de Saúde actual.

Por este motivo, INVITAMOS a toda a cidadanía de Gondomar  a asistir a concentración, para conseguir o CENTRO DE SAÚDE que GONDOMAR NECESITA.

3.5.18

Nota de Prensa: Resuspensión da Xunta de Voceiros

Que o actual goberno vai a deriva é un feito constatable, que o Sr. Alcalde perdeu o siso tamén.

A semana pasada, o 24 de abril, o Sr. Alcalde convoca unha Xunta de Voceiros o 26 de abril para tratar os seguintes temas:
  • Plan remodelación e mellora seguridade de viarios municipais (Plan Depo-REMSE) e Convenio co Povo Saharaui
O Sr. Paco Ferreira que foi quen convocou, poñendo o día e hora que el considerou pertinente, non se presenta á reunión. (Motivo real: estaba tomando café). O mesmo día da súa espantada nos convoca de novo para o día 3 de maio, engadíndolle aos anteriores asuntos os seguintes:
  • Data do Pleno do mes de maio.
  • Data da celebración da Comisión de Urbanismo.
Presentados hoxe na Casa do Concello os distintos voceiros dos grupos municipais para asistir á Xuntanza, esta de novo non se celebra, xa que o Sr. Paco Ferreira estaba noutra reunión.

Non é a primeira vez que o Sr. Paco Ferreira suspende ou mesmo non aparece a unha xuntanza que el mesmo convocou. Pode alguén desconvocar ou non comparecer sen explicar os motivos unha xuntanza que el mesmo convocou e que non consultou con ninguén? O Sr. Paco Ferreira si.

Mentres os demais adaptamos o noso tempo ao que decida o goberno de forma unilateral, eles non respectan nin as súas propias decisións.

Dende o Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto expresamos a nosa protesta por este novo desprezo do Sr. Ferreira ás representantes da veciñanza de Gondomar. Hai que ter un mínimo de rigor e de respecto cando se traballa para a cidadanía.

Debemos recordar que tampouco se celebrou a Comisión de Urbanismo convocada para o pasado día 18 de abril logo das discrepancias entre o Sr. Alcalde e o Sr. Tenente de Alcalde a respecto da mesma. Cal é a situación do PXOM de Gondomar? Ninguén o sabe máis aló do goberno municipal. A falla de transparencia, publicidade e información é total. Neste como noutros moitos temas.

O resultado desta calamitosa falla de proceder:
  • Convócase, desconvócase e non se celebra a Comisión de Urbanismo, outra máis, mes de abril. Logo da discusión entre o Sr. Alcalde e o Sr. Tenente e Alcalde sobre cando se ía celebrar e a temática a tratar. Non será pola falla da transcendencia do asunto.
  • Non se convoca en tempo e forma a Comisión Informativa e do pleno ordinario do mes de maio. De novo non haberá pleno ordinario tampouco no mes de maio.
  • Inasistencia por dúas veces da Xunta de Voceiros que el mesmo convocou cando quixo é a hora que quixo. Logo falaremos de consenso e dialogo.

Pero isto non so ocorre no termo municipal de Gondomar, no Pleno de abril da Mancomunidade de Concello do Val MIñor, que el preside, onde se ían tratar os orzamentos do 2018 e o I Convenio Colectivo (GES), chegou 50 minutos tarde, logo de que varios corporativos abandonaran a sesión.

A actitude irresponsable do Sr. Ferreira, a súa falla de respecto aos representantes da veciñanza de Gondomar e a súa forma de comportarse causa estupor e bochorno. Estamos non so ante unha burla ao resto dos grupos municipais, senón ante unha mera e simple falta de educación.

Gondomar, 3 de maio de 2018. 
Pauliño del Río Iglesias. Voceiro de CABE.

1.5.18

Convocatora de Asemblea Veciñal Extraordinaria o día 2 de maio

Convócase Asamblea Extraordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 2 de maio
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Punto único: 
  • Información sobre a xunta de voceiros e accions sobre as nosas propostas no Plan Concellos 2018-2019