27.4.18

Rexeitamento ante a Sentenza de "La Manada"


Dende CABE queremos expresar o noso máis fondo rexeitamento ante a sentenza da Audiencia Provincial de Navarra, que condena aos cinco integrantes da autodenominada “La Manada” por un delito de abuso sexual, no canto de consideralo unha agresión sexual. A idea de que a situación de indefensión na que se atopaba a vítima non se considere un motivo de violencia ou intimidación é directamente un insulto a todas as mulleres e, en xeral, a calquera persoa cun mínimo de empatía. O veredicto resulta aínda máis aldraxante porque un dos maxistrados presenta un voto particular pedindo a libre absolución dos acusados.
Esta sentenza é unha demostración da xustiza patriarcal que padecemos acotío, ao poñer en cuestión as circunstancias persoais da vítima para xulgar o que é claramente unha violación en grupo, calculada e reiterada. Queremos pedir que se faga finalmente xustiza neste caso e que se poñan os medios para rematar cos estereotipos sexistas e para combater calquera tipo de agresión contra as mulleres.
NÓS SI TE CREMOS.

22.4.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal o 26 de abril

Convócase Asamblea Ordinaria de Gondomar Concello Aberto,
Día: xoves, día 26 deabril
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede, de actas anteriores.
  • Información municipal.
  • Campaña do Centro de Saúde. Análise e futuras accións.
  • Postura de CABE ante a campaña sobre o Transporte Público.
  • Análise da situación política de Gondomar.
  • Renovación da mesa da asemblea.
  • Rogos e preguntas.