2.12.17

Nota de Prensa: Servizo de Pediatría e novo Centro de Saúde de Gondomar


Os Centros de Saúde de Gondomar, Panxón e Nigrán estarán sen servizo de pediatría no inicio do mes de decembro, durante case dúas semanas, dende o día 1 ao día trece de decembro, no caso de Gondomar, desviando aos nenos e nenas e ás súas familias ao Centro de Saúde da Xunqueira. Unha situación que se repite con demasiada frecuencia ante baixas e outras incidencias do servizo.

Dende Gondomar Concello Aberto levamos tempo reiterando a necesidade de cubrir de forma coherente e racional as necesidades sanitarias do noso concello.

Actualmente está en fase de execución un novo Centro de Saúde de Gondomar, que presenta unhas xeira de carencias , algunha graves, como que o noso concello ten uns dos ratios mais altos tanto de Médicos de Familia como en Pediatría. Na actualidade o centro non recolle a toda a poboación con tarxeta sanitaria residente no Concello de Gondomar e unha parte significativa da veciñanza ten que ser atendida noutros Centros de Saúde.

Despois de anos de retrasos, recortes e paralización do proxecto constructivo produciuse unha nova licitación e adxudicación. E na primeira semana de setembro deste ano, Xunta e Concello anuncian o inicio da construción do edificio do novo Centro de Saúde. Os feitos son que a día de hoxe a construción continúa paralizada, unha vez máis.

Un centro, que ademais, está mal dimensionado e insuficiente e que nace xa cun déficit dende o seu inicio. Está previsto para unha poboación de 10.280 usuarios, cando segundo os datos oficiais do mes de abril deste ano do padrón municipal, Gondomar ten 16.085 habitantes. É dicir un 56% máis de usuarios que os previstos no novo centro.

Os estándares de consenso para este tipo de centros de atención primaria son que debe haber unha pediatra por cada 800 nenos e nenos.

A Gondomar lle corresponderían segundo este estandar 3 pediatras, xa que existe unha poboación infantil de 0 a 15 anos de 2.212 nenos e nenas. No actual e no proxectado novo Centro de Saúde se mantén 1 so facultativo.

Os datos comparativos non deixan lugar a dúbidas, no Concello de Nigrán hai 3 pediatras cunha poboación infantil de 2.267, a ratio de 1 médico por cada 755 pacientes, en Gondomar cunha poboación infantil de 2.212 nenos e nenas hai e 1 pediatra, a ratio é de 1 médico por cada 2.212 pacientes. É intolerable e inxustificable.

Dende Gondomar Concello Aberto recollimos e entregamos, no mes de xullo, na Consellería de Sanidade dúas mil sinaturas para que se atendesen as necesidades reais da poboación de Gondomar no novo Centro de Saúde e fora dotado dos recursos de persoal sanitario e espazo que deran cobertura as necesidades asistenciais da poboación de referencia e poder acoller crecementos futuros. E solicitamos, unha entrevista co concelleiro de Sanidade Sr. Vazquez Almuiña, á maior brevidade posíbel, para tratar este asunto dado a prioridade de actuación que ten este tema para a saúde e benestar da veciñanza de Gondomar. A día de hoxe nin sequera se dignou contestar.

Asemade na Comisión 5º de Sanidade do Parlamento Galego do día 9 de novembro deste ano tratou as necesidades sanitarias de Gondomar e o novo Centro de Saúde, iniciativa levada pola representante de En Marea nesta comisión a proposta de CABE. A iniciativa contou co voto favorable de todos os grupos agás polos do Partido Popular que votou en contra.

En situacións coma a actual vese máis nidiamente a necesidade de cubrir de xeito racional e adecuado as ratios médico paciente, e máis en caso de nenos e nenas. E a necesidade de que o Centro de Saúde de Gondomar teña dúas consultas de pediatría e 3 pediatras.

Ante este novo despropósito da Consellería e o caos que se adiviña detrás de peche simultáneo de tres Servizos de medicina infantil o Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto presentou unha Moción que se debaterá no próximo Pleno do día 12 de decembro para reiterar a necesidade de que se cubra adecuadamente o cadro de persoal de pediatría, tanto neste como no novo centro de saúde de Gondomar e expresar a condena e a protesta de toda a Corporación por este abandono reiterado do servizo de pediatría de Gondomar por parte do SERGAS e a Consellaría de Sanidade, que so obedece a un actuar errático e a criterios puramente economicistas e non asistenciais ou medico sanitarios.

Ata cando este abandono do Servizo de Pediatría de Gondomar e doutros centros do Val MIñor.