28.8.16

Manifestación-Romaría polo rescate da sanidade pública na área de Vigo



O próximo día 3 de setembro vaise celebrar una Manifestación-Romaría como aniversario de gran manifestación en defensa da sanidade pública coa participación de 200.000 persoas na rúa.


No cartaz e o panfleto do acto podedes consultar os detalles e o programa de actos.

Convocatoria reunións de grupos de traballo en setembro

Convócanse as seguintes reunións de Grupos de Traballo  no local de Cabe:


  • Comunicación: mércores 31 de agosto, ás 20,30 h. 
  • Infancia: xoves 8 de setembro, ás 21 h. 
  • Urbanismo: luns 12 de setembro, ás 20 h.

24.8.16

Covocatoria de Asamblea Veciñal o 3 de setembro

Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 3 de setembro ás 19:00 horas en convocatoria única, no Centro Neural de Gondomar (solicitado e pendente de confirmación) coa seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior, se procede.
  2. Informes dos concelleiros e concellerias á asamblea.
  3. Renovación da mesa.
  4. Posición de CABE fronte as elecións.
  5. Comisión de contas. Estado das mesmas e colaboración (punto pendente de asamblea anterior).
  6. Propostas da mesa relativas á trasparencia da sesión anterior (punto pendente de asamblea anterior).
  7. Boletín de CABE (proposta de Eli) (punto pendente de asamblea anterior).
  8. Rogos e preguntas

Convocatoria do grupo de traballo de Infancia o 25 de agosto

Convócase unha reunión do grupo de traballo de Infancia o xoves 25 de agosto ás 21 horas no local de CABE (Centro Neural).