29.2.16

24.2.16

Comunicado de CABE

O pasado sábado, 20 de febreiro, a asemblea de Cabe decidiu recoñecer e agradecer a labor que desenvolve a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais (AGAT) en Gondomar.
Esta asociación forma artesáns de diferentes sectores e convoca cursos de perfeccionamento, de custo cero para as participantes, en diferentes técnicas, sobor de todo no téxtil.

Grazas ao seu traballo, dáselle un recoñecemento oficial ás competencias dos artesáns que alí se forman e ademais o nome de Gondomar é coñecido no ámbito da artesanía en Galicia e en toda España.
Son estes os motivos polos que Gondomar Concello Aberto defende a permanencia do Taller da AGAT en Gondomar e, fronte as declaracións vertidas por parte de algúns membros do equipo de goberno, entendemos que por absoluto descoñecemento do labor alí desenvolvido, solicita que o concello valore e difunda a súa actividade.

Convocatoria do grupo de traballo do PERI 0 25 de febreiro

Para o xoves 25 ás 16:00 horas no local de CABE convócase ao Grupo de traballo para preparar as alegacións ao PERI, tal como acordamos na pasada asemblea. 

17.2.16

Convocatoria de Asemblea veciñal o sábado 20 de febreiro

Convócase Asemblea veciñal para o sábado 20 de febreiro, ás 19:00, na Casa da Cultura de
Gondomar, coa seguinte orde do día minutada:

1.  Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior (10 min.)
2. Valoración das respostas á saída de CABE do goberno municipal (15 min.)
3. Información dos concelleiros de CABE (15 min.)
4. Información da situación do polígono da Pasaxe e da gasolineira de Vincios (Referencia Pura) (30 min.)
5. Información da proposta de usos do CDL (Referencia Chechu).
Carta da veciña de Peitieiros sobre o conflito polo Taller de Artesanía Téxtil de Gondomar (20 min.)
6. Plan de actuación de CABE na nova situación (20 min.)
7. Información das xuntanzas das Mareas (15 min.)
8. Cambio dos membros da mesa (5 min.)
9. Rogos e preguntas (5 min.)

Convocatoria de Xuntanza sobre o Peri da Pasaxe o 18 de febreiro

Convócase xuntanza sobre o PERI da Pasaxe o xoves 18 de febreiro ás 16:00 horas no local de CABE no CDL.

15.2.16

Convocatoria do grupo de comunicación o 17 de febreiro

Convócase reunión do Grupo de comunicación para o próximo mércores, 17 de febreiro, ás 20:00 horas no local de CABE.

2.2.16

Comunicado de CABE ate a decisión da Asemblea do 30.01.2016

COMUNICADO DE CABE ANTE A DECISIÓN DA ASEMBLEA DO 30/1/2016

O pasado verán, asinamos un pacto para constituír un único goberno municipal plural e dialogante entre si e coa cidadanía, co obxectivo de mudar unha situación que tiña sen atender necesidades básicas dos veciños e veciñas de Gondomar.

Nin nese momento nin agora consideramos que estar dentro do goberno sexa un fin en si mesmo; nós considerámolo un medio, unha ferramenta de transformación da realidade.  Acordamos que a acción de goberno se tiña que basear en tres principios: coordinación, transparencia e participación, e nun código ético que aseguraba que a política municipal fose unha actividade no que os veciños e veciñas participasen e puidesen decidir democraticamente en todos os asuntos da súa comunidade.

Durante estes meses de traballo detectáronse diferentes incumprimentos dos acordos asinados. Coa vontade de poñerlle solución, e tras debatelo en asemblea no mes de novembro, instamos aos nosos socios de goberno a mudar esa situación como condición necesaria para que CABE continuara no goberno.

Propuxemos dúas medidas, a coordinación efectiva do goberno municipal e a posta en marcha dunha Comisión de seguimento do Acordo asinado. A coordinación do grupo de goberno seguiu sen ser efectiva, e a invitación de CABE a Manifesto Miñor e ao PSOE para reconducir a situación non foi aceptada, polo que a situación de descoordinación agravouse.

Como paradigma da situación no que se atopaba o goberno temos o último pleno municipal do 21 de xaneiro, feito de forma unilateral polo señor alcalde, sen coordinación cos seus socios de goberno, sen transparencia, sen diálogo cos grupos da oposición e que foi ademais inútil e un gasto innecesario para as arcas municipais.

Sabemos e aceptamos o custe político desta decisión de abandonar o goberno por parte de Gondomar Concello Aberto, pero maior sería o custe político de decepcionar á cidadanía que nos apoiou para facer unha política diferente.

Non sendo posible facer isto dende o seo do goberno, a intención de CABE é conseguir estes obxectivos dende a oposición. O que CABE en ningún caso vai facer é oposición dentro do goberno.
Os nosos obxectivos non mudaron dende o nacemento da nosa organización e non está no ADN de CABE acomodarse ao sillón: viñemos a facer un punto e aparte nas políticas municipais .

Rolda de prensa de CABE respecto á decisión da Asemblea do 30.01.16

O martes dous de febreiro, contra as 12:00, no Concello de Gondomar, os concelleiros e membros rolda de prensa para dar a coñecer o comunicado respecto ao acordo da Asemblea do pasado día 30 de xaneiro.
de CABE convocan a unha

Concello de Gondomar
2 de febreiro
12:00