8.10.15

Marchas da Dignidade

Gondomar Concello Aberto somos unha candidatura de unidade creada para dar resposta aos
múltiples problemas que ten o noso Concello que non perdemos de vista os acontecementos que afectan ao noso país, nin descoidamos o compromiso coas persoas e a realidade social e económica que a todos e todas afecta.

As Marchas da Dignidade, son un movemento social que na Galiza aglutina no seu seo a máis de sesenta organizacións e colectivos veciñais, sindicais, culturais, sociais e políticos, que se mobilizan na rúa para esixir o remate das políticas que agreden á maioría social golpeada pola chamada crise. As MmdD volven á sair á rúa ante a situación de emerxencia social que afecta a todos os sectores: desde os pensionistas ata a mocidade, pasando pola clase traballadora, o sector pesqueiro, o pequeno comercio ou os pequenos propietarios do campo.

Polo que o noso voceiro proporá ao Pleno da Corporación Municipal que apoie a mobilización convocada polas Marchas da Dignidade prevista para o próximo día 24 de outubro na Praza do Obradoiro en Compostela e que faga un chamamento os veciños e veciñas deste Concello a participar na mesma.

Asemade chamamos á veciñanza a participar a manifestación de apoio a estas marchas que se fará o xoves 8, ás 20 h. na plaza de Fernando el Católico, en Vigo.