15.5.15

Tereixa Otero Dacosta

O proxecto, por ser totalmente horizontal e por contar con toda a nosa pluralidade. Tamén polas persoas que xa estades nel, as que me aprendestes ferramentas e xeitos de organización no asociacionismo veciñal cos que sempre traballarei, porque penso que son os xeitos de facer outra, pero tamén imprescindible política. E porque estou farta de que falen por min no Concello persoas que usan a política para os seus fins particulares, sen ter en conta a vida das persoas mozas e que xustifican a desigualdade como motor de progreso. As persoas traballadoras sabemos que nada do que dín é certo e que serven como correas de transmisión de políticas que tentarán de privatizar todo polo que as persoas que nos precederon loitaron tanto, para que nós, vivíramos un pouco mellor do que lles tocou a elas. Porque si algo ten que cambiar temos que comezar por NÓS mesmas.