16.5.15

Lydia Vázquez Carrera

Levo toda a miña vida vivindo en Gondomar, gústame o meu pobo e creo na súa xente, no seu potencial cultural, natural, social... este é o momento do verdadeiro cambio, o cambio para un goberno que faga as cousas para e con o pobo, deixando atrás os gobernos de intereses particulares e corruptos.
Nunca participei en política, pero como veciña estou farta de ver como uns poucos fan o que queren cos cartos de todos e todas e é por iso que formo parte da candidatura de Gondomar Concello Aberto, para cambiar a forma de facer política e gobernar polo ben común, polo ben de Gondomar e dos seus veciños e veciñas.