22.5.15

Josué Villar Ballesteros

Dende que traballo en política perseguín como obxectivos a unidade da esquerda, a democracia participativa, e unha xestión responsable do público. Por iso considero que Gondomar Concello Aberto me representa. 
E fágoo porque neste momento da miña vida podo garantir o meu compromiso absoluto con este proxecto veciñal que, entendo, pode significar unha transformación profunda e irreversible da nosa vila. 

Aínda sendo novo sei que podo aportar a miña experiencia política desenvolta nestes últimos anos así como o coñecemento do funcionamento do Concello, xa que traballei nel, en prácticas, en 2014.