18.5.15

Eli Suárez Amarelo

Creo que con esta proposta podemos cambiar Gondomar entre todas as personas que vivimos aquí. Levo anos de disgusto con como se xestiona este concello, coa corrupción demostrada, coa falta de transparencia e as prácticas a espaldas da xente. Confío na posibilidade de cambiar este funcionamento: primeiro elaborando o programa entre todos logo co compromiso ético dos que participen na candidatura e, por último, coa participación da veciñanza para facer propostas e controlar o desempeño dos cargos electos.
A min gústame Gondomar, estou orgullosa de vivir aquí, e confío en que pode ser un lugar no que teñamos unha mellor calidade de vida e máis oportunidades de traballo, lecer e relación. Creo que temos moitas posibilidades e estou disposta a aportar o meu compromiso, traballo e servizo para conseguilo.