18.5.15

Borja Nande Domínguez

Nacín en Mañufe hai 24 anos e pico. Coñecín, tal e como ía crecendo, as formas de ver a realidade dunha morea de persoas, de procedencia totalmente distinta. E nese proceso tiven que aprender a razoar e a falar para expresar o que eu pensaba, sacando unha conclusión fundamental: As palabras serven para expresar o que pensas ou tentar acadar o que desexas, pero non din nunca quen es exactamente. Existiu sempre un abuso desta utilidade, ata degradar as palabras a un nivel nunca visto, sobre todo pola clase política.

Podería dar centos de argumentos sobre a xestión municipal e o que se podería facer en Gondomar cun cambio na vontade política, como xustificación desta candidatura. Pero, non sería orixinal, ese é o caso que nos une a todos os que traballamos nesta forza. Realmente, a única motivación válida é a de facer un exercicio de coherencia. Ilusióname escoitar a persoas que se queixan de todo o existente, pero estou farto de todos aqueles que se queixan e quedan tranquilamente na casa, agardando. Dar un paso adiante, todos nós, confírenos una grao de coherencia, que é a primeira pedra para conformar unha nova realidade tan, absurdamente, necesaria.